Xabier Mera

Comeza na música de pequeno tocando o órgano na igrexa da súa parroquia en Compostela, no barrio de S.Roque. Ingresa pouco despois no Conservatorio Histórico e comeza estudos de piano que mudará logo pola guitarra. De adolescente participa na incipiente escena musical compostela de principios dos noventa, incluído o certame Rock Parrulo na recén estreada Sala Nasa. Despois doutras formacións máis blues e folk-rock, comeza a estudar tamén teatro na Escola Espacio Aberto, e coñece á xente que fragua naqueles días o colectivo de artistas Pistacinco, que máis adiante daría lugar á compañía de teatro, circo e tamén produtora de espectáculos, chamada Pistacatro. Durante ese tempo a Sala nasa convértese no laboratorio e trampolín de creación de toda unha xeración da que él é partícipe.

Despois dun ano en Italia, a diáspora formativa lévao ata Barcelona, onde prosegue os seus estudos de galego e comeza ao memo trempo os estudos de jazz, arranxos e composición, na escola Taller de Mùsics.

De volta á Compostela, é socio fundador da citada compañía e produtora, onde participa como actor, músico e compositor por unha parte e como xerente, produtor, distribuídor e axente cultural pola outra. O proxecto inaugura o primeiro espazo estable de formación circense en Galicia, e un dos poucos existentes aínda hoxe no Estado Español, a escola Circonove.

Despois de varios anos creando espectáculos, actuando e afianzándose na escena teatral e musical galega con proxectos como a banda Aló Django, a cal é unha das primeiros grupos en difundir o swing xitano (ou jazz manouche) en Galicia, retoma o camiño da itinerancia formativa e profesional cara Londres, para emprender unha maior especialización na música, tanto na composición para imaxe e audiovisual, como na dirección de orquesta e coro, así como continuar na búsqueda dun voz propia e nova como músico e artista no escenario.

Na actualidade, e despois dun ano londinense, coa música de dúas curtas realizadas e unha obra de teatro recén estreada, comezando a dirixir coro, actuando en solitario e a punto de estrear banda, semella que os camiños interdisciplinares seguen sendo un carimbo que define a súa creatividade artística.

Nos proxectos do futuro próximo están unirse como guitarrista á Fabulous Honeys Big Band, como cantante no coro Eclectic Voices dirixido Scott Stroman, comezar na banda de rock-blues Kareña K, crear a música do proxecto de teatro experimental Vocal Voyages en decembro 2014, .... e seguir para o ano a formación de dirección e en composición para cine e atopar en Londres a inspiración dunha cidade tan vibrante como esixente, para sacar o mellor de si e crear de novo no futuro en Galicia, con novos modelos de emprendizaxe cultural.

BANDCAMP

SOUNDCLOUD

Grupos