Lydia Botana

Lydia Botana, músico multinstrumentista natural de Culleredo (A Coruña) ten formado parte de diversas agrupacións tanto rock, pop, reggae/ska, coma esembles de percusión, bandas sinfónicas ou dirección de coros. Titulada polo Conservatorio Superior de Música de A Coruña en Pedagoxía da Linguaxe e a Educación Musical en decembro de 2011. Ten a titulación do Grado Profesional de piano cursado entre o Conservatorio de Culleredo e o da Coruña. Xunto con diferentes grupos, participou en festivais e circuitos de música coma: Rock Marino 2004 (A Coruña) con Deixaví; xira co Coro Verdianeum de Parma (Italia) realizando a B.S.O do film “L´uomo che verrâ” en 2009; 7º Busker´s Festival Barcelona, X e XI Foundation Reggae Festival (Everton Blender, Fidel Nadal, Andrew Tosh- Culleredo, A Coruña), IX e XI Festival Reperkusión (Manu Chao, Ourense), Brincadeira 2011 (Europe, Rosendo, La Kinky Beat- Ordes, A Coruña), Nordestazo Rock 2011 (Che Sudaka- Malpica, A Coruña), Castañazo Rock 2011 (Reincidentes, The Locos- Chantada, A Coruña), Festigal 2012 (La Phaze, Zënzar- Santiago de Compostela), Brincadeira 2012 (Calle 13, Status Quo- Cambre, A Coruña), Festival Revenidas 2013 (Fermín Muguruza, Ruxe-Ruxe, Diplomáticos de Monte Alto), Castelo Rock 2013 (O´Funkillo, Reincidentes), etc. En febreiro 2012 grava, íntegramente, “No me importa nada” e “Walk away” ó ser convidada pola Universidade de Paul McCartney en Liverpool onde actuó na mítica sala The Cavern. En agosto 2012 grava tamén “Quen nos queima”, misturado por Javier Abreu coa colaboración na voz de Garcia Mc (Dios ke te crew) e ó baixo Sebas (Che Sudaka) co que é escollida polos estudantes de secundaria de Galicia como gañadora do concurso Correlingua 2013. En 2012, comeza como batería e acordeonista de Labreg*s do tempo dos Sputniks, forma parte da Banda Fura Fura e colabora nos directos de bandas coma Zënzar, La Pegatina con Xurxo Souto (Diplomáticos de Monte Alto), Canteca de Macao, Konflikto, Dakidarria, Dios ke te crew, Chimango, Desorden Público, Baokas 46, Os Tres Trebóns e os Homes sen Medo… Ten tocado tamén con Gogol Bordello, Manu Chao, Joan Garriga (La Troba Kung Fu/Dusminguet), O´Funkillo, Xabier Díaz… Paralelamente, exerce coma profesora de música e produce o concerto didáctico para público infantil chamado ¡De aquí para alá! que achega as músicas do mundo aos máis pequenos e pequenas a través das aventuras dunha bolboreta moi musical. Na actualidade encóntrase gravando o seu primeiro cd en solitario como BOLBORETA e producindo temas coma “Longas merendas” con Xenderal para o Xabarín Club. Pódese atopar en diferentes discos coma o tema “Quen nos queima” no recopilatorio Lo peor de la rumba xunto con Manu Chao, Amparo Sánchez, La Pegatina, Che Sudaka, Tonino Carotone… Tamén en discos coma: 7º Buskers Festival Barcelona (2011), IX Festival Reperkusión (2011), Anima- Tresmilonce (2013)…

BANDCAMP

SOUNDCLOUD

Grupos