maria costas

O grupo foi creado en Pontevedra no mes de Outubro de 2011 por Jose Churruca e María Costas. Nas súas orixes o repertorio de Eliela consistía en versións de clásicos do jazz, blues, bossa e pop moi personais e coidadas, interpretadas con solvencia por una guitarra (Jose churruca) e unha voz (María Costas). Pero despois de un tempo e moitos concertos o proxecto madurou e comezaron a facer en directo a súa propia música. As composicións de Eliela non deixan a ninguén indiferente; teñen influencias do jazz, blues, rock e incluso folk, cun toque de sofisticación nos arranxos. Uns textos poéticos en galego que conseguen fío directo co público porque evocan lugares comúns. Os concertos están cargados de intensidade, sensibilidade e paixón, xa que a transmisión de sentimentos a través da música é a súa prioridade.
O primeiro disco, íntegramente con repertorio orixinal, está en elaboración, pero a falta de algúns retoques xa se poden escoitar algúns dos temas que formaran parte dél.

Grupos