Rosalía Vázquez

A Coruña (1985). Inicia os seus estudos musicais aos 8 anos no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, e se gradúa como profesora superior de Violonchelo no ano 2007. No ano 2015, obtén o título de canto moderno da Rock School of London.

 

Paralelamente aos seus estudos oficiais completa a súa formación académica con diversos cursos e master-class impartidas por importantes violonchelistas como: David Ethève, Peter Martins, Angel Luis Quintana, Marçal Cervera, Amit Peled, etc.

 

Como violonchelista clásica, formou parte da Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia, ou o cuarteto de corda Saiva Nova, e colaborou co Grupo Arcosiris (OSG), acompañou ao solista de piano Leonel Morales e foi invitada ao Festival Internacional de Música de Cámara Stellenbosch en Oporto.

 

Como violonchelista moderna, colaborou en gravacións e actuacións en directo con Fuxan os Ventos, Xoel López, Roberto Somoza, María do Ceo, Jane Joyd, Orquestra de Jazz de Galicia, Silvia Penide, Xurxo Mares, Xoan Curiel….entre outros.

 

Na actualidade compaxina a docencia con concertos como violonchelista e corista do portugués Gonçalo Guerreiro, e como violonchelista clásica en diferentes formacións de música de cámara.

Grupos