Aida Saco Beiroa

A partir dos seis anos iniciou o seu achegamento aos estudos musicais. Realizou os estudos de Grao Profesional de Piano co mestre Martín Millán e recibiu asemade ensinanzas de prestixiosos pianistas como Maurizio Moretti e Josep Mª Colom. Na actualidade, recibe clases do mestre Alexander Gold.

Como pianista clásica ten participado en numerosos concertos solistas e colectivos.

De xeito paralelo aos estudos de interpretación de piano clásico, realiza composicións musicais para piano. Metaforfoses, o seu primeiro proxecto artístico, está recollido nun traballo discográfico de mesmo nome.

“Metamorfoses é o meu primeiro proxecto artístico. Un proxecto que busca recrear a través da música, a imaxe e a poesía unha viaxe existencial e máxica de 12 meses polos espazos, a natureza e o tempo, pero tamén polas vivencias e as emocións que achei percorrendo o caminho dos 17 aos 18 anos.”

SOUNDCLOUD

Grupos