Paco Nogueiras

Paco Nogueiras é un musico actoral ou un actor musical onde caben destacar:

-Membro do grupo de gaitas da Asociación Cultural “Arco da Vella” de Conxo (Santiago de Compostela) dende 1984 ata 1992.

-Membro do grupo OPHIUSA dende 1986 ata 1994. Acadando o 1º premio para ensinanzas medias celebrado en Carril (Vilagarcía) no ano 1987.

-Compositor das Bandas sonoras dos espectaculos teatrais do grupo “Os Quinquilláns” (As Viaxes fantásticas, Tacatá, Transformeixon, As voces do mar, O parasol Laranxa, Irmandiños).

-Percusionista de rúa co grupo OS QUINQUILLÁNS en diversas animacións de rúa.

-Compositor da música das obras de teatro-danza “Bahía, o en la línea de salida” e “Te invito a morir” da Real Escola de Arte Dramático de Madrid nos anos 1996 e 1998. -Actor e percusionista do grupo ELS COMEDIANTS nos anos 1996-97.

-Compositor da Banda Sonora dos espectáculos “Salitre” e “Furga Garabela” da compañía Volta e Dalle Teatro nos anos 2002 e 2003. -Compositor da Banda Sonora da serie infantil televisiva “Planeta Fantasía” de emisión na TVG , ano 2006.

-Actualmente membro do Grupo Ophiusa retomando a actividade dende finais do 2005.

-Membro do grupo de animación musical infantil Os Tres TENedORES.

-Ten editado recentemente o seu primeiro traballo coa Editorial Kaladraka para público infantil e familiar chamado "Brinca Vai!"

- Membro da Orquestra os Modernos.

-Membro do Coro da Escola Estudio de Música.

 

Grupos