MONTSE MERINO

MONTSE MERINO

CASA BAUBO. AMOR e SONIDO. MUSICOTERAPIA CIENTÍFICA

Investigación Científica en Música e Musicoteapia

CREATIVIDADE,EDUCACIÓN, INVESTIGACIÓN, SAÚDE e HUMOR

PRESENTACIÓN DO MODELO CASA BAUBO NO 8º CONGRESO NÓRDICO DE MUSICOTERAPIA. 5-8 agosto 2015 en Oslo, Noruega

Sobre o Modelo Casa Baubo©... 

O "Modelo Casa Baubo ©", constitúe un marco teórico propio, basado na miña experiencia continuada combinando o escenario, a docencia, a clínica e investigación científica en Música e Musicoterapia. Un modelo holístico aplicable en todas as etapas do ciclo vital desde o embarazo, en contextos didáctico, pedagóxico e clínico. Propón  diseños e métodos de intervención personalizados grupais e individuais, en ámbito educativo e tratamentos en ámbito clínico, para mellorar a calidade de vida, o crecemento persoal, intelectual, cognitivo, etc.; e a aplicación da música e o sonido para mellorar o desenrolo de diferentes áreas do noso cerebro e modular adecuadamente señal de resposta-señal de entrada.

[...]En Casa Baubo©, a Música é o centro da educación, nexo entre as demais áreas de coñecemento. Utilizamos como ferramentas de evolución e desenrolo persoal, a expresión musical, outras artes e ciencias. A Música, favorece a comunicación, as relacións interpersonais, o autocoñecemento, a creación da propia identidade, a autonomía e o desenvolvemento das capacidades individuais e grupais, que lles proporciona recursos para recoñecer, diferenciar e xestionar as diferentes emocións e conectar dun modo sutil seu mundo interno e externo.

Desde o Modelo Casa Baubo propoñemos unha forma de comprender ás persoas desde a creatividade, educación e saúde cimentados sobre pilares de "amor sonoro", investigando e profundizando desde o plano científico, para chegar á calidade de vida desde o nacemento... Comprobámolo en diferentes etapas do ciclo vital e en diferente estados vitais, desde o embarazo ata o acompañamento á morte. Desde a raíz é desde onde hai que empezar a construir "novos paradigmas". Moitas situacións de enfermidade e sufrimento, podemos evitalas…

O pulso, a melodía e a harmonía e as suas diferentes combinacións permiten traballar Matemáticas, Linguas, xeografía, física, historia…ademais de favorecer o desenrolo motor, a fabla, axudar na conducta, entre outras; e tamén entender e asimilar con naturalidade as culturas de diferentes lugares [...] Casa Baubo. Amor e Sonido. Editorial Auria S.L.

PRESENTACIÓN DO MODELO CASA BAUBO NO 8º CONGRESO NÓRDICO DE MUSICOTERAPIA. 5-8 agosto 2015 en Oslo, Noruega

Dende o ano 1993 vense desenrolando en Galiza un xeito xenuino de acompañar ás persoas, dende a música, no seu crecemento holístico e na súa calidade de vida.

Trátase do Modelo Casa Baubo ©. A&S. Un modelo nado na terra, en Galicia, que despois dun longo recorrido didáctico, pedagóxico, clínico e científico, presentarase o 7 de Agosto en Oslo no 8º Congreso Nórdico de Musicoterapia, e dende alí comenzamos a andaina por outros países.

PROXECTOS EN MARCHA. EDUCATIVO, CLÍNICO e INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA

Desde o MODELO CASA BAUBO. A&S. MUSICOTERAPIA CIENTÍFICA, lévanse a cabo varios proxectos en diferentes ámbitos de aplicación: 1. Tratamentos de Musicoterapia para nenas e nenos oncolóxicos de Galicia (Asanog) no CHUS, Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (http://www.crtvg.es/informativos/a-asociacion-de-axuda-a-nenos-oncoloxicos-pide-a-creacion-dunha-unidade-de-referencia-en-galicia-1012392 ) 2. Máster en Musicoterapia de Galicia (Formación en Musicoterapia de Galicia, 6000 hrs. de estudio presencial distribuído en 4 anos, recoñecida de interese científico pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia (http://www.casabaubo.com/3.html ); 3. Formación: "SONANDO DESDE A RAÍZ" De 0-4 anosFormación recoñecida de interese científico pola Consellería de Sanidad da Xunta de Galicia (http://www.casabaubo.com/SONANDODESDELARAIZ.html )4. Dirección e supervisión de TFG en Música e Proxectos pedagóxicos en ámbito educativo en Universidades, escolas públicas e privadas, Masterclass, cursos e supervisión en conservatorios como o Conservatorio Profesional de Música de A Coruña proxecto "SOMOS DIFERENTES, SOMOS IGUAIS" (https://www.youtube.com/watch?v=qIfo1oIrivU ), Ataulfo Argenta de Santander, Colexio Mas Clariana Cambrils, Tarragona; Escola Marjal en Alcanar, Tarragona, TFG, Universidade de Vic, Universidade de Santiago de Compostela, USC ();5. Supervisión de Musicoterapeutas en Prácticas e tesinas desde unha perspectiva de investigación científica, Dano Cerebral  no hospital Aita Menni de Mondragón, Centro Penitenciario de Picassent, Valencia, entre outros…; 6. Aulas MODELO CASA BAUBO. AMOR e SONIDO, en Santiago de Compostela, Noia e outras... (http://www.casabaubo.com/6.html ); 7.  Presencia de Montse Merino, como profesora do Máster de Medicina Natural da Facultade de Medicina da Universidad de Santiago de Compostela USC (http://masterdemedicinanatural.com/portal/index.php?option=com_content&task=view&id=23&Itemid=36 ); 8Pionera na inclusión da Musicoterapia en Festivales e Seminarios de Jazz desde 2013; 9. Crea en 2013 o Seminario Internacional de Jazz e Musicoterapia, que en 2015 celebrará a súa 3ª edición os días 28 e 29 de novembro (http://casabaubojazzymusicoterapia-seminario.blogspot.com.es/ ) 10. Aulas Modelo Casa Baubo. Amor e Sonido   Pensadas para persoas desde 0 años en todas as etapas vitais. Estas aulas serán distribuidas en diferentes espacios de Galicia, con sede en Santiago de Compostela, e arrancando desde esta cidade (http://www.casabaubo.com/6.html ); 11. Escola Musical de verán “RESOANDO CO SOL”, espectáculo musical creado durante o veran, por nenas e nenos desde 0 a 16 anos ( http://www.casabaubo.com/5.html ); 12. …

 

SOBRE A NAI DO MODELO CASA BAUBO. AMOR e SONIDO

 

Trátase de Montse Merino, unha muller de 48 anos nacida en Ourense e adicada a Música desde hai mais de 40 anos, en ámbitos didáctico, educativo, clínico e deles, 12 anos centrada na investigación científica en Música e Musicoterapia.  Presidenta e fundadora da AGAMUS, Asociación Galega de Musicoterapia (2003), Presidenta da APM, Asociación de Profesionais da Musicoterapia, España (2010)

 

Nesta ligazón, mais información: http://www.casabaubo.com/2.html

MODELO CASA BAUBO:

  • CURSO 2015-2016. ¡ABERTO PRAZO DE MATRÍCULA!
  • ESCOLA DE VERÁN 2015 "RESOANDO CO SOL". MATRÍCULA
  • "SONANDO DESDE LA RAÍZ" © DE 0 a 4 AÑOS
  • INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA EN MUSICOTERAPIA
  • INFORMACIÓN, ASESORAMIENTO Y FORMACIÓN. SERVIZOS
  • MÁSTER EN MUSICOTERAPIA DE GALICIA

Grupos