priscilaband

Priscila nace en Ourense (Galicia) no ano 2006 co nome de Sin Motivo. Influenciados polo amor incondicional ao rock&roll xuntan os seus camiños para contruír a súa primeira demo formada por cinco cancións baixo o título de “Mi Libertad”. A irrupción do grupo na escena local musical da cidade e a boa acollida da maqueta, lles leva a dar máis de 60 concertos entre 2007 e 2008.

En 2009, sacan a súa segunda demo producida por Iker Arranz en Madrid e conformada por outros cinco novos temas e baixo o nome de “Quizás”. A calidade da demo leva ao grupo a consolidarse de forma seria como banda emerxente. gañan dous concursos en Galicia, dan 30 concertos repartidos entre Galicia e Madrid e venden 600 copias da demo.

Despóis de dous anos de traballo na sombra, composición e procura de novos retos sacan á luz o seu primeiro EP editado. “Priscila EP” xorde na primaveira de 2011 onde a banda escolle cinco cancións que editan baixo o sello “Paulmusic”. Este EP é presentado en Xaneiro de 2012 no Teatro Principal de Ourense con cheo absoluto e máis de 800 copias vendidas.
Durante 2012 e 2013, a banda move o seu traballo por toda a comunidade galega teloneando a bandas nacionáis importantes coma “Nena Daconte” ou “Lagarto amarillo” e presentan o álbume en Madrid (Sala Clamores).

2014 é o ano onde, despóis de 8 anos de traballo, Priscila prepara o seu primeiro LP, grabado na Primavera nos estudios Brétema de A Coruña baixo a produción musical de Mauro Mietta (Coque Malla, 84, etc…). Un traballo realizado desde o máis profundo do corazón da banda…

BANDCAMP

Grupos