JavierAbraldes

Javier Abraldes é un guitarrista e compositor nado en Santiago de Compostela, aínda que desde fai algúns anos reside en Pontevedra. As súas influencias musicais proveñen dos seus profesores (José San Luís, José Luís Rodrigo, David Russell, Manuel Barrueco, José Miguel Moreno, Robert Fripp, Paco Charlín, Virxilio da Silva, etc.) dos artistas cos que colaborou (Fran Pérez “Narf” e Toño, Plamen Velev, Xacobe Martínez Antelo, Dani Díaz, Pablo Pérez, os compañeiros de Martín Códax, a compañía Chévere, etc.) e a música que escoitou (Robert Fripp, J. S. Bach, The Beatles, King Crimson, W. A. Mozart, Olivier Messiaen, Arvo Pärt, Igor Stravinsky, Leo Maslíah, Richard Wagner…) ademais de Jiddu Krishnamurti, George Ivanovich Gurdjieff, Piotr Demiánovich Ouspenski, Philip K. Dick… e os gnósticos en xeral. Neste momento as súas actividades musicais comprenden, ademais das clases no IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra, o dúo Bagatela con Plamen Velev, o dúo Tensegridad con Raquel Gey, o dúo Mordobre con Xacobe Martínez Antelo, o dúo de guitarra e batería con Dani Díaz, o grupo de música antiga Martín Códax e o Javier Abraldes Trio, con Pablo Pérez (contrabaixo) e Emilio Atanes (batería).

SOUNDCLOUD

Grupos