iria pinheiro

Cabareteira desde 1998. IRIA PINHEIRO Licenciada en Psicopedagoxía. Traballa coma actriz dende o ano 1998. Con ampla experiencia en videoclips como actriz, productora, directora e guionista ( Caxade, Roy Ellis & Transilvanians, Eladio y Los Seres Queridos, Lamatumbá, Juanito Brothers...) e curtametraxes, onde se contan até trece títulos. Traballou en películas(papeis protagonistas e secundarios) con directores coma Mario Iglesias, Ángel Santos ou Claudia Brenlla. Colabora habitualmente coas compañías de teatro: Chévere, Elefante Elegante, Cía. Branca Novoneyra (danza-teatro) ,etc.Tamén estivo na montaxe de As Dunas do Centro Dramático Galego. Coñecida pola súa labor en televisión (Pillados, O Programón, Máxima Audiencia, Luar, Supermáster, Zapping Comando...). É principalmente no eido do cabaret, no que ten participado en numerosos proxectos propios e alleos como actriz, cantante e compositora: Détour, CabRaret, Gayo Pinheiro, Churra&Merina, Ultranoites, Ciclo Mércores no Solpor do Museo Verbum... Musicalmente foi vocalista en Mosca Gogó, e formou parte de grupos coma: Alféizar ou Siesta Continental. Actualmente é a cantante da Orquestra Os Modernos. En 2009 recibiu o premio Mellor Actriz no certame Curtas na Rede. No 2012 a película "Dos fragmentos/Eva" (dirixida por Ángel Santos) da que é protagonista, recibe a Mention Spéciale du Jury Jeune no Festival de Annecy.

Grupos