imaxe da nova
Asociación

Asemblea xeral de MAV o 30 de setembro en Compostela

imaxe do usuario Xestor Xestor
6 Setembro 2018

O domingo 30 de setembro terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación Músicxs ao Vivo na Nave de Vidán (Santiago de Compostela), ás 11:00h. Ubicación

O motivo desta asemblea é presentar á nova Xunta Directiva e facer balance sobre as actuacións levadas a cabo e os proxectos que estamos acometendo. 

Iniciamos unha nova etapa e gustaríanos contar coa vosa presenza; trataremos temas de especial importancia polo que contamos coa vosa asistencia.

 

Orde do día:

  1. Presentación da nova Xunta Directiva.
  2. Presentación da nova web.
  3. Proposta para cambio de nome da Asociación a “Músicas ao Vivo”. Votación.
  4. Seccións MAV. Queremos dar voz ás seccións que forman parte da asociación para que compartan con nós a súa traxectoria, inquedanzas e accións levadas a cabo durante este tempo. 
  5. Exposición da situación actual da Cooperativa de MAV.
  6. Informes da Xunta Directiva.
  7. Rogos e preguntas.

 

Aquelas persoas que esteades interesadas en quedar a xantar despois da asemblea na Nave de Vidán, temos concertado un menú de 18€ que achegamos en arquivo adxunto. Poderedes facelo reservando o voso menú (lembrade indicar o prato principal que escolledes) antes do 21 de setembro no seguinte correo electrónico info@musicosaovivo.com 

O menú será o seguinte:

  1. Entradas a compartir: Tosta de guacamole picante con tomate do país. Croquetas mixtas de xamón ibérico e robaliza sobre pataca palla.
  2. Prato principal a elexir: Arroz de grao redondo con verduras ao forno ou xarrete de vitela estufado con pataquiñas guisadas no mollo da carne.
  3. Sobremesa: Filloa rechea de chocolate belga.
  4. Adega: D.O. Ribeira Sacra - D.O. Rías Baixas, cervexa, refrescos, auga e café.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Agardámosvos!!

 

A Xunta Directiva.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro