imaxe da nova
Institucións amigas

Asemblea aberta sobre Festival Noroeste

imaxe do usuario Xestor Xestor
9 setembro 2016

Finalizadas as festas da cidade e o Festival Noroeste dende MAV Coruña seguimos a traballar na mellora das condicións laborais d@s músic@s da cidade e contorna metropolitana. É por isto, que temos a ben invitarte a esta asemblea na que se debatirán unha serie de puntos referidos ao Noroeste. Este Festival serve de referencia no modo de traballar do concello cos músic@s locais e ademáis sempre suscita un grande interese crítico por parte de toda a comunidade artística da cidade. 

Durante a asemblea falarase de asuntos como a programación, contratación, producción ou realización dos espectáculos. É importante que veñas a dar a túa opinión xa que dela, e a de todos os nosos compañeiros, extraerase o que se fixo ben e non tan ben, de xeito que por medio dun diálogo directo co concello academos un convenio do sector musical benefecioso para tod@s.

Agardámoste este sábado 10 a partires das 11:00 no C.C da Cidade Vella (rúa Veeduría 2, A Coruña)

Senón podes vir pero queres que a túa opinión quede reflectida podes enviárnola polo facebook, a través da nosa páxina www.mavcoruña.com 

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información