imaxe da nova

Próximas convocatorios e asambleas

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 xuño 2016

Bo día,


Lembramos as xuntanzas abertas e actividades que teremos este mes de xuño.

O xoves 16 de xuño estaremos na I Semana da Música organizada por ACCES, con tres ponencias sobre Facturación e contratos para músicos, Son e riders técnicos para músicos e e venta e comunicación para músicos. Terán lugar dende as 10:30h ata as 13:30h no Centro Cívico Cidade Vella de A Coruña. Máis info aquí.

O sábado, 18 de xuño os compañeiros de Músicos ao Vivo Coruña farán unha Xuntanza aberta no Centro Cívico Cidade Vella, na rúa Veeduría, 2 de A Coruña a partires das 11h.


Por último este domingo 19 de xuño temos a última Xuntanza Aberta da Sección Jazz antes do verán. Será en Pontevedra nesta ocasión, no Antigo Conservatorio, sede do Seminario Permanente de Jazz, ás 11:00h.


Para a semana que ven, o 21 de xuño, en Compostela, co gallo do Festival Martín Códax da Música ao Vivo, ademáis de diferentes concertos na vila todo o día, faremos unha palestra aberta a todo o sector na Praza da Oliveira a partir das 19:30h, onde trataremos temas de importancia como a proposta de nova lei de espectáculos, a situación da música ao vivo en Compostela ou o tratamento da música galega nos medios. Entre os asistentes á mesa, estarán os recoñecidos nos Premios Organistrum da edición deste ano dos Premios (A Arca da Noe, Ábrete de Orellas e Feito a Man), Patricia Hermida (MMF) e Xurxo Piñeiro (MAV) para guiar o tema da lei de espectáculos, os xornalistas Rocío Castro e Germán Ermida para tratar o tema de medios, e varios representantes de MAV Compostela para falar sobre a situación na cidade.


Non deixedes de vir, e compartide a convocatoria co resto de Músicos interesadxs.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información