Acûstica

Acûstica é o novo proxecto de ThaisLoren y Nando Llon, tres xóvenes pero experimentados músicos da escena galega, reunidos para ofrecernos as súas personales interpretacións acústicas de temas sobradamente coñecidos do pop / rock.

Nos seus concertos abordan cancións de bandas como MetallicaThe Rolling StonesLed Zeppelin, AC/DC, ou Nirvana, sen esquecer aproximacións a artistas coma Pink, Adele, Jesie J. ou K.T. Tunstall, entre moitos outros. O seu repertorio é toda unha garantía de poder escoitar, alo menos, algunha das nosas cancións favoritas de sempre.

Conseguindo dar unha nova cor a cancións que forman parte da memoria musical dos últimos tempos e aportar frescura ás novas interpretacións.

A súa experiencia, é avalada polo feito de ter actuado en diferentes formacións, coma Astarot, Ith, Os John Deeres, TevraMugardosCompañía do Ruido ou Pablo Bicho, entre outros.

Con gañas de continuar loitando na súa corta andadura (xaneiro do 2013), Acûstica non deixou de actuar alo menos unha vez por semana en diferentes puntos de Galicia. 
Ao longo deste tempo figura entre os seus obxectivos continuar tocando alí onde esté alguén disposto a escoitalos.

Acûstica ofrécenos unha forma diferente de volver a achegarnos as nosas cancións favoritas.

Músicos