Angeles Dorrio

 

Angeles Dorrio é unha vocalista galega de longa experiencia en formacións de jazz e soul que participou en traballos discográficos de diversos artistas ( Luar na Lubre, Carmen Rey, Mc Rimas,etc…) que estudou técnica de voz (Voice Craft) con Helen Rowson e Paul Harrington así como Armonía, Improvisación e Canto Moderno na Escola- Estudio (Santiago de Compostela) e viaxou ata Londres para completar a súa formación na Guildhall School of Music And Drama.

Dorrio é a voz solista feminina do grupo de acid-jazz VenueConnection, co cal ten percorrido as principais salas de concertos da xeografía española, chegando a presentar o seu terceiro disco nos “Conciertos de Radio 3” (TVE 2). Tamén forma parte do trío "Gospel 3" ademáis de coordinar o Coro feminino"Sisters in the house".

Simultáneamente exerce como profesora de Canto Moderno na Coruña: Escuela de danza “Soul (dende o 2003) e na Escuela de Músicos (2005-2011). Dende o ano 2009 é colaboradora en RadioVoz Coruña xunto ó periodista Pablo Portabales.

Dende ese mismo ano, Dorrio lidera a su propria banda: Angeles Dorrio Quartet, ca que participou en numerosos festivais: Iberojazz (A Coruña),II Festival de Jazz “As Mariñas”,III Festival “Atalajazz” de Laxe,V Festival Internacional “Imaxina Sons” (Vigo), X Festival Jazz de Culleredo “Burgojazz”, V Festival de Jazz Pontedeume, VI Muestra de Jazz “Ciudad de Arnedo “(La Rioja), VII Ciclo 1906 de Jazz,  Jazz con sabor a club (dentro do Festival de Jazz de Madrid) Sala El Junco 2015, etc... 

NOVO PROXECTO: CD "TEN SOUL" (Decembro 2013)

Angeles Dorrio lanza o seu album debut no ano 2013. “Ten Soul" reúne aos diferentes estilos musicais que influiron a esta compositora ao longo dos anos: o jazz, o soul, o R&B, o pop e o folk. Con unha voz profunda e única, Dorrio acompañase de grandes músicos para realizar esta aventura entre os que se atopa o cubano Sergio Delgado, como arranxista, pianista e director musical. Ten Soul ponlle voz aos sentimientos, aos recordos, aos soños, ás experiencias personais, ás emocións, á propria esencia da vida,pero, sobre todo, a un intenso amor cara a música contado a través de dez historias nas que sempre hay un convidado especial: o soul.

No ano 2015 a lexendaria banda británica Incognito realizou una remezcla de “Falling” tema do que Angeles é cantante e co-autora no grupo VenueConnection. 

SOUNDCLOUD

Músicos