A Magnifique Bande

A Magnifique Bande dos homes sen medo. Ese é o nome a ter en conta, e recoiro, vaia nome. Dende fai un lustro este simpático grupo de galopíns musicais animan as nosas vidas deleitándonos coas súas trasnadas harmónico-contrapuntísticas. Cunha elegancia natural e un gusto innato polas boas melodías e os arranxos de éxito. A Magnifique Bande condúcenos polo máis granado da historia musical, con momentos clásicos, fílmicos, jazzísticos, muinheiriles, funkeiros ou rockanroleiros. Esta dinámica agrupación afeita a tocar tanto na rúa, coma en escenarios fixos e móbiles, está integrado polo mellorinho de cada casa. Nel unha rocosa sección rítmica integrada por tuba, fagot, bombo, caixa, guitarra e clavinet, sustenta as florituras máis incribles dunha sección con moitos aires formada por trompeta, trombón, saxo alto e saxo tenor. Comezan a súa andadura Sen Medo no ano 2007 e dende entón non deixan de aparecer en todo tipo de festivais, tanto na Galiza como fóra. Un berro de admiración escóitase ao seu paso: BRUTAL!

BANDCAMP

Músicos