XAVIER BLANCO

Xavier Blanco é natural de Moaña, terra do Morrazo, Mestre Gaiteiro e Técnico en Cultura Tradicional do Concello de Moaña, Blanco desenvolve e xera a través da Escola Taller de instrumentos musicais galegos un valor social que garante a recuperación, mantemento e difusión das tradicións culturais e folclóricas de Galicia. Músico, mestre, ha publicado varios libros sendo divulgador dá cultura de raíz galega. Este pastor melancólico dos castros morracenses, herdeiro da sabedoría da saga dos Soledás, leva o nome de Moaña polo mundo adiante, deixando constancia co seu traballo das achegas que o seu pobo leva feito á cultura tradicional galega. A súa principal fonte de inspiración son as persoas de máis idade, das que aprende ao tempo que toma a responsabilidade da difusión dos coñecementos dos seus devanceiros. Como Mestre Artesán, Xavier Blanco constrúe e restaura tódolos instrumentos tradicionais galegos. Para isto, aplica antigas técnicas de construcción aprendidas da sabedoría popular. Ten recuperado desde un verniz ecolóxico (fabricado dunha maneira totalmente natural) até técnicas de mariñado de madeiras ou aproveitamento de madeiras frutais, todo isto aplicábel no proceso de construcción dos instrumentos. Da súa discografía hai que destacar tres discos: un da gaita de cana, outro de instrumentos pobres e un terceiro de gaitas troncais ao que se une o que acaba de saír e aínda non está á venda e que se complementa cun documental: "Lei Natural" das vivencias de Xavier Blanco nas Illas Cíes. Xavier Blanco chega ás Illas Cíes a principios dos 70, cando tiña 8 anos e o seu pai traballaba no mítico barco “O Sicas”, o primeiro barco de ferro de pasaxeiros que vai ás illas. Por aquel entón a súa familia pon en marcha un restaurante na antiga salgadura situada no muelle da praia de Rodas. E durante anos medra pasando a Semana Santa e o verán desfrutando do que el coñece como ‘A Lei Natural’. Aprendeu a facer música con elementos naturais nas Illas Cíes e entendeu que a vida da illa era diferente á vida da península xa que había unha especial fusión natureza-música, afastada da superficialidade e do materialismo. Para él a música é un elemento integrador co medio, polo que algúns consideran que é nas Cíes onde comeza o traballo de recuperación da nosa música de raíz. Xavier percorre as Illas Cíes para mostrar cada un dos instrumentos musicais que el mesmo facía e utilizaba dende neno e contando anécdotas da súa infancia coas fantásticas paisaxes deste arquipélago coma fondo. Cada peza musical que canta ou toca (con instrumentos feitos por el mesmo con materiais naturais), vai acompañada da súa explicación e vivencia infantil (por exemplo, o seu recordo do xeito de comunicarse a xente dos barcos coa xente das illas por medio de asubíos). A súa vida cotiá estaba en harmonía co medio natural. “A terra, a paz, o ar, a espiritualidade, o auga, a liberdade… o home, a harmonía entre todos estes elementos é o que eu chamo a Lei Natural”. Xavier Blanco

Músicos