Irmandades do Falo

Grupo vilalbés formado no ano 2009, cun estílo propio denominado Pop - Inchable, pois resulta unha mistura entre o pop, o rock, o ska e incluso a música clásica, debido á súa característica formación. As súas cancións teñen como sinal de identidade a sátira pois están adicadas a locais ou xentes de Vilalba e da Terra Chá, ben sexan carnicerías, froiterías, bares, mercerías.... así como a particulares: señores que pasean pola rúa, venden o cupón, superdotados... e así ata máis de 60 cancións que conforman o seu repertorio. A súa formación é un sinal de identidade do grupo, pois está constituído por : guitarra e voz, baixo eléctrico, clarinete, clarinete baixo, bombardino e batería. Ao longo dos seus 4 anos de vida cabe sinalar que participaron no Concurso da Radio Galega Vas Sacar Nota 2011 co tema Froitería Inés acadando o 3º posto nas votacións por Internet. No Vas Sacar Nota 2012 consiguen o premio TELEFONAZO co seu famoso tema Carnicería Generosa, o que lles permite grabar unha maqueta nos estudios da Radio Galega. No ano 2013, presentan o tema A Empanada de Troita obtendo gran aceptación do público vilalbés. Campións do Premio do Xurado no Panxorck 2012, coa súa panxoliña “Bo Nadal na Capital” na que se premiou a interpretación en directo. No ano 2012 foron os encargados de abrir as festas de San Froilán de Lugo e recentemente veñen de ser teloneiros do grupo madrileño Dover nas Festas de San Ramón 2013 da capital chairega.

Músicos