AGRUPACIÓN DE PÉ FEITO

Durante o curso 2010-2011, nace na Escola de Música Tradicional de Ourense a agrupación "DE PÉ FEITO" . Os alumnos e os propios mestres da dita escola forman, entre grupo de gaitas, acordeón, percusión e grupo de pandereteiras unha formación de entre 20 a 30 persoas, sen olvidarse da colaboración de dúas parellas de baile tradicional que os acompañan. O seu repertorio está formado maiormente por repertorio tradicional e popular Galego así como temas propios da Provincia de Ourense. Son arranxados pola propia agrupación, incluíndo varias voces, pequeñas composicións ou variaciós sobre as pezas. A parte musical está dirixida por Gonzalo Abelairas e a vocal por Patricia López. "DE PÉ FEITO" fixo a súa estrea o 26 de Maio de 2011 no Teatro Principal de Ourense, convidados pola CORAL DE RUADA. Dende entón participaron no I Certame Ricardo Portela organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos e celebrado en Viascón (Pontevedra) o 7 de Xullo de 2012, no I Certame de Música Popular organizado pola Federación Limiar patrocinado polo Concello de Ourense no Teatro Principal o 12 de Outubro deste ano, ademáis de diversos actos.

SOUNDCLOUD

Músicos