Machina

Machina é unha banda fundada en Cerceda no ano 2002 que se move entre o metal, o hardcore, o punk e outras tendencias. A banda ten publicados un Ep ('Acouga'), dous discos ('Post-Bravú' e 'Ensaio sobre o silencio') e outro Ep, ('A Síndrome de Nerón') do 2013, un Ep con cinco cancións que mostran o aspecto máis crú da banda.Este Ep ven acompañado de tres videoclips, un dirixido por Jairo Iglesias de Pixel Films e outros dous da man de Deica Audiovisual.Logo de haber gañado a primeira edición dos Premios Galegos da Música na categoría de metal,a banda viviu o que posiblemente foi unha das súas mellores tempadas presentando o último traballo por toda a xeografía galega e intentado defender o mellor posible o galardón que lle foi outorgado.Actualmente a banda está inmersa na composición  dos novos temas que darán continuidade  ó anterior Ep.    www.machinagz.com    www.machinagz.bandcamp.com

SOUNDCLOUD

Músicos