Susana de Lorenzo

Profesora de Latín e Grego, compaxina o seu labor docente coa Música. Cun ambiente familiar artístico cultiva, dende moi temprana idade, varios xéneros musicais, interpretación, ballet contemporáneo... obtendo numerosos premios e participando en diversas gravacións. Recibe clases de canto lírico co barítono Fernando Balboa. Forma parte del Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia dirixido por James Ross sendo elexida como Soprano solista para a Fantasía de Beethoven e, posteriormente, para A Creación de Haydn. Con este mesmo director interpreta o Te Deum de Charpentier . Acompanada polo pianista Rupert Twine da diversos recitais con repertorio clásico e contemporáneo. Con motivo do centenario do nacimento de Gershwin ofrece un concerto homenaxe no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. Grava as Cancións Cherokees, fermosamente harmonizadas polo compositor Curt Cacciopo. Con James Ross interpreta a Teodora de Haendel. Juan Carlos Peña, contrabaixista da Orquestra Sinfónica de Galicia, chámaa para o Requiem de Fauré. Coa Orquestra Sinfónica de Melide, baixo a batuta de Fernando Vázquez Arias, no espectáculo Música e Cine canta a Bernstein, A. Lloyd Webber, Morricone... O mesmo director conta con ela para Catro Décadas de Musical. Interpreta o Magnificat de Bach con Melanie Crompton e a Orquestra de Cámara Galega no Teatro García Barbón de Vigo. Repetirá a mesma obra coa dirección de David Ethève (chelo primeiro da Orquestra Sinfónica de Galicia). En Coruña e Ourense realiza un Concerto Sacro que inclúe autores como Pergolesi, Charpentier, Bach, Vivaldi, Mendelssohn... Con Maximino Zumalave e a Escola de Altos Estudios Musicais interpreta Saul de Haendel. Canta a Mozart y Puccini no III Curso de Canto Lírico e Interpretación baixo a dirección de F. Balboa e Lino Braxe. Forma parte do grupo de solistas "Ardora" cantando ópera e zarzuela en numerosos conciertos. Acompañada polo saxofonista Ricardo Casas Salgado e o pianista Rupert Twine fai una selección dos máis recoñecidos musicais. Co cuarteto de corda Mondello Quartet da varios concertos por distintos puntos de Galicia con repertorio que inclúe obras de Purcell, Haendel, Mozart, Dvorak ... Participa na inauguración da exposición da obra de Isaac Díaz Pardo . Da un concierto con romanzas de Barbieri, Guerrero,Chapí ...no novo Auditorio de Vilagarcía. Actúa como solista no primeiro musical galego Gallaecia coa Orquestra Sinfónica de Melide, dirixida por Fernando V. Arias, no Auditorio de Galicia, o Teatro Jofre de Ferrol e o Teatro Colón de A Coruña. Colaborou na curta numerosamente premiada Bata por fora, muller por dentro de Claudia Brenlla É solista en Le petite messe solennelle de Rossini, dirixida por David Ethéve e o coro Madrigalia. Canta a Beethoven no concerto que Sardelli da coa Real Filharmonía de Galicia no IV Festival de Música de Compostela , Via Stellae. Solista na Compañía Lírica de Galicia, dirixida por Fernado Balboa, coa que da numerosos recitais. É invitada polo grupo Amizades para cantar na presentación do seu último disco. Percorre Galicia con Antoloxía da Zarzuela acompañada polo coro El Eco, a Orquestra Sinfónica de Melide e a dirección Fernando Vázquez Arias. Repite con este mesmo director no espectáculo Gala Americana, que se está a presentar por toda Galicia É invitada asiduamente a eventos, tales como a homenaxe a Isaac Díaz Pardo, Fernández del Riego e os recentes Premios da Cultura Galega. Co emblemático grupo DOA grava o disco A Fronda dos Cervos, de lírica medieval galacio­-portuguesa e que recibe o premio ao mellor disco Folk 2011 nos premiso de La Opinión, así como orecoñecemento da críticaca internacional. Colaboran, asimesmo, na homenaxe a Luis Seoane e participan con Médicos sin Fronteras no disco “50: homenaje a los Beatles”. Coa Banda Municipal de A Coruña, dirixida por José Luis Represas, e acompañada polo barítono Javier Galán e o tenor Manuel de Diego, canta unha selección de Zarzuela na Gala Lírica das Festas de María Pita. Colabora coa banda sonora do espectáculo Citizen do grupo Chévere, con música de Xacobe Martínez e que recibiu o premio María Casares Participa nos seguintes eventos: Homenaxe a Fernández del Riego; Premios da Cultura Galega; Presentación da Revista Areal; Premios Muller y Cienza; Presentación do libro “40 preguntas y respuestas a la crisis”. Con Beatriz López Suevos da un concerto na Homenaxe a Canuto Berea. De novo coa Orquestra Sinfónica de Melide e o director Fernando Vázquez Arias fai unha xira co espectáculo Música e Cine. Co pianista Javier Vázquez Grela fai unha homenaxe a Carlos Guastavino. Coa pianista Ludmila Orlova rinden tributo a Montsalvatge.Ludmila Orlova. Rapsodia en branco e azul é un espectáculo que coa O.S.M. se adentra na canción galega. Funda o grupo DEUSA TOLA co que atraen ao galego sons do eixo atlántico.

Músicos