A MIÑA PRIMEIRA ROSALÍA

Co gallo do 150 aniversario de Cantares Gallegos nace este proxecto literario e musical dirixido por Xosé e Xiana Lastra, no que Mini, Mero, María Manuela e a propia Xiana poñen voz a once poemas de Rosalía de Castro e a un de Curros Enríquez. Acompáñaos tanto no disco como nos directos un gran número de músicos e colaboradores entre os que se atopan: Xurxo Varela e Nani García (ademais directores musicais), Pablo Sabio, José L. do Pico, Manuel Dopico, Roberto Grandal. Nuria Lestegás, Paco Barreiro, Adrián Saavedra, Juan Collazo, Simón García, Xavier Ferreiro, Marcos Teira ou Mario Oliva.

Músicos