Projecto Mourente

Projecto Mourente é o nome do proxecto musical lanzado por Carlos Valcárcel, músico afeccionado natural de Mourente (Pontevedra). O obxectivo é matar o tempo libre facendo música cos amigos usando computadores persoais e tecnoloxía caseira. En 2004, colabora coa Factoría Teatro compondo a música para a obra infantil Iesi cebola contra a doutora Rabia Rabiña, de Xavier Picallo. En 2006, lánzase no selo A Regueifa unha compilación de temas baixo o título Baixo os eucaliptos e baixo licenza Creative Commons. Malia a súa precariedade técnica, o álbum logrou certa popularidade, sobre todo con cancións como "Comos os caranguejos" (remesturado por Fanny + Alexander), "Que me enterrem na discoteca", "Mais heteros (que os heterossexuais)" e o propio "Baixo os eucaliptos". En 2007 o proxecto comeza a dar concertos, debutamdo na Sala Nasa (Santiago de Compostela). En maio de 2008, lánzase Kara.o.ke, o segundo álbum do proxecto, de novo na Regueifa. O lanzamento na rede fíxose cun clip do tema "Os piores inimigos". Neste segundo traballo colaboraron diferentes artistas como Quincho Araujo dos caarrero Bianco, Noel Feáns de Fanny + Alexander, Martin Wu de The Homens, Quincho Araujo, Cable ou Colectivo Oruga. En maio de 2012, despois de publicar narede o sinxelo de adianto "Ao teu redor", Projecto Mourente lanza o seu terceiro álbum "A pior". Aínda que foi tamén composto e gravado en casas e apartamentos, Tomás Ageitos, dos Estudios d'A Ponte, asumiu a produción do álbum. Nel colaboran de novo The Homens e Quincho Araújo, dos Carrero Bianco.

BANDCAMP

Músicos