The Ladelines Garden

The L'adelines Garden é un duo de pop constituído polos irmáns moañeses Andrés e Javier Miranda. Depois de cursar estudos de conservatorio en violín e piano respectivamente, ademáis de estar en contacto con outras disciplinas da música moderna, colaboran con diversas bandas galegas como 'La Maldita Bluesband', 'Rockaway' ou 'Som do Galpom'. Tras unha pequena traxectoria con maquetas compostas, producidas, gravadas e deseñadas polo duo, comezan a ofrecer concertos en acústico con guitarras e voces a partir do 2012. Actualmente contan cun amplo repertorio orixinal recopilado nos seus anteriores traballos: 'The Chance to Dance', 'Purple Stars', 'Belaide Boulevard' e 'The Living Garden', así como na súa última maqueta titulada '5'.

Músicos