4 rhesus monkeys

O grupo fundouse en 2006 entre o baixista Victor Ferreño (Abegondo) e o guitarrista, Xosé Gaioso (Sada) con vocación de facer a música que quixeran escoitar pero non existía. Un ano despois sumouse un coñecido do baixista, David G. Romero (Oleiros), á batería. En 2008, en resposta a un anuncio posto en internet, incorporouse Alberto Ézara (Cee) como vocalista. Buscando un nome axeitado á filosofía "experimental" do grupo, atopouse 4 rhesus monkeys como unha boa opcion, posto que o mono rhesus é unha especie de primate empregado amplamente en investigación. Deixouse o nome en inglés en referencia á ironía que supón o esnobismo de empregar esta lingua antes que o castelán ou galego. Tras construir un repertorio de temas 100% orixinais, decidiuse presentalo ante o público en 2009 con moi boa aceptación. En 2010 grabouse e autoeditouse o primeiro traballo "Rock antecessor". Fíxose unha tirada de 150 exemplares e posteriormente púxose a disposición para libre descarga na rede, acadando máis de 700 descargas pouco antes da desaparición do servidor Megaupload, onde se aloxaba. Na elección do nome empregouse o termo antecessor que provén do nome científico do home de Atapuerca, ancistro do humano moderno, como alegoría aos matices clásicos do son do grupo e como guiño a evolución dende os primates como é o macaco rhesus. O devandito traballo está composto de 6 temas, algún dos cuais converteuse en asiduo nas actuacións do grupo e dalgún xeito nunha sinal de identide, ainda que non necesariamente a o grupo lle poida parecer o mellor tema. Con varias ducias de concertos na provincia da Coruña e Lugo ás costas, grabouse "Factor Rh", en referencia ao factor sanguíneo descuberto no mono rhesus de cuias dúas primeiras letras toma o seu nome. Non se editou en cd pero se puso a disposición para a súa libre descarga. O grupo fixo varios vídeos con imaxes libres de dereitos de autor e finalmente se grabou un vídeo "ao uso", correspondente ao tema "50 voltios de alterne", visto máis de 4000 veces nun ano (http://www.youtube.com/watch?v=_ieQGOryoZE). Recentemente o grupo participou no festival "Dolores Rock" de Sobrado dos Monxes, compartindo cartel e escenario con bandas recoñecidas como Sínkope ou Reincidentes. Actualmente tense grabado outro traballo, en fase de producción; ainda no se decidiu o sistema de compartilo. Todo o traballo de 4 rhesus monkeys está rexistrado en Creative Commons de xeito que se autoriza o seu uso libre, ainda que non pode ser modificado.

Músicos