A nena e o grilo nun barquiño

Que Magín Blanco proceda do pop, e se achegue agora a un público “ sen límite de idade” , dálle certamente un ar fresco a un espectáculo pensado para os máis cativos. O ex da banda La Rosa ve agora como parte do seu público merma en idade pero conserva intactos, o criterio e a esixencia. Para a xente miúda fai un espectáculo grande e resolve no escenario con achegas de enerxía, calidade e emocións. A nena e o grilo nun barquiño - ano 2013 A que soa? A bicos roubados,á ledicia de atopar un equilibrio de expresión entre tradición e contemporaneidade . A reafirmar a confianza na música como vehículo e vínculo interxeracional, e entre o individual e o social. A Beatles ,armonías vocais, retrouxos contaxiosos, a arpas e zanfonas, a violinos , a arpexos de guitarra, silencio... E que conta? A historia dunha viaxe iniciática onde o mundo se presenta como unha aventura por descubrir. Unha aventura amable e luminosa , mais próxima ao intercambio e a partilla que a competitividade e a rivalidade. E que pasa? A realidade afrontase dun xeito absolutamente natural e reflíctese nas propias vivencias dos protagonistas . A simbiose entre o entorno e as experiencias fai posible que a armonía sexa parte inherente do desenrolo e non tanto unha meta que conquistar. Que atoparemos no espectáculo? Un medio mais para valorar a expresión ao través das artes: música , narrativa, ilustración, poesía. Sempre dende un punto de vista que fai fincapé na horizontalidade , na alegría e na comunicación

Músicos