Aló Django

Aló Django é un proxecto galego que busca a inspiración no jazz e na música dos xitanos "manouche" centroeuropeos: o chamado gysy swing, ou jazz manouche. Un estilo lírico, alegre e acústico cuxo máximo representante é Django Reinhardt.

Ademais Aló Django é un show divertido máis alá do estritamente musical, coa preseza do claqué e a interactuación cómica co público, enfiando así música con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall, de onde veñen parte dos seus integrantes.

Finalmente en Aló Django temos como obxectivo fundamental difundir a música manouche, a través dun concerto con moito swing e humor. Se pensas que o jazz é aburrido, é que aínda non escoitaches a Aló Django.

BANDCAMP

Músicos