Batemento

Batemento xurdiu da inquietude e ansia duns músicos por formar un grupo...a fame destes músicos levounos a embarcarse neste proxecto musical de folk moderno. "levamos pouco tempo,pero temos ganas,forza e moito desexo de transmitir a nosa musica o publico"Os comezos deste grupo foron realmente satisfactorios e incribles.Con apenas medio ano de nacemento xa recorreron a costa de concerto en concerto,dedicáronselle articulos no Faro de Vigo e entrevistas na TVG. "A sensación de verte enriba dun escenario,fronte centos de persoas,sentir que tes a oportunidade de mostrar a túa musica,transmitir o que ti sentes dende aí arriba,ver os sorrisos,sentir os aplausos ou ver a xente bailar o noso son,..iso é o que queremos continuar logrando con Batemento". Os compoñentes son Eloy Carrera de Mondariz (Batería),un dos fundadores,ideólogo deste proxecto e profesor de percusión. Felipe Bermúez de Chicago EEUU (baixista,pianista e guitarrista) profesor de piano e guitarra namorado da musica que decide embarcarse neste proxecto. Aitor Domínguez e Cristian Vázquez (Gaita e frauta) de Salceda de Caselas, compoñentes do grupo didáctico de Antón Corral,Banda de gaitas" San Xoán de Paramos" e Banda de Gaitas" Sao Tiago de Cardielos" fundadores e ideólogos deste proxecto. O seu repertorio componse de cancións e melodías de orixe Brasileiro, Irlandés, Norte America e sobre todo,de orixe Galego... Todo o repertorio interpretado mezcla modernidade, e sen esquecer xamais, o tradicional. Polo de agora,Batemento é un grupo de directo. Non dispón de ningún disco nin traballo profesional grabado.As mostras de audio,son as reproducións dun pequeno ensaio,grabado por un dispositivo de ordenador con micros,como xa se insiste,nada profesional. Por e para vos,o grupo Batemento.

Músicos