A Banda de Poi

A Banda de Poi nace no ano 2005 coa intención de unir ó pobo galego-portugués a través música. Nos seus primeiros concertos consegue hipnotizar ó público, polo que deciden gravar o seu primeiro proxecto, MOR. A calidade das pezas, o seu son excitante e uns esquemas musicais definidos dotan á Banda de Poi dunha identidade única dentro do mundo da música. No ano 2007 deciden baixar do escenario, comezando así un punto de inflexión que durará ata o ano 2013, momento no que renace igualmente capitaneada por Tonhito de Poi. Nesta nova andaina acompáñano tres músicos consolidados e recoñecidos no panorama musical galego. Eles son Quique Otero ós teclados, Pablo Pérez ó baixo e Pulpiño Viascon á batería, ó serrucho e ó Zendrum. Un renovado estilo musical máis sofisticado, impecable e contundente que crea unha experiencia sonora instrumentalmente brillante. Desperta paixóns entre o público e a crítica, seducíndoos tanto pola calidade das pezas como polo contido das composicións. Un estilo único e vanguardista con tintes pinkfloidianos e psicodélicos. Nútrese ademáis rock sinfónico e do reggae, rompendo así os esquemas da métrica e a rítmica establecidos. Fortalecidos polo caluroso recibimento do público, realizan a grabación do tema Firme Leme, unha canción inspirada nunha historia real acontecida nas Azores. Conseguen un son impecable e excitante, destinado a conquistar a un público cada vez máis amplo.

Músicos