Lydia Botana- DE AQUÍ PARA ALÁ

“De aquí para alá” é un espectáculo de música para nenos/as onde viaxaremos por tódolos continentes, mostrando as distintas tradicións, bailes, música, instrumentos, fauna, flora...tratando de espertar o interese pola música e as culturas doutros lugares valorando a diversidade e por suposto, respectándoa. Lydia Botana, pedagoga musical, canta e conta a historia pola que xira este concerto publicado en formato libro-disco pola editorial Cumio. 

A través da música contaremos a historia dunha bolboreta que vai polo mundo na procura de algo que faga feliz ó seu novo amigo Gali, un neno que vive en África e está moi triste. Embarcarémonos nunha viaxe musical arredor do mundo pasando por Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados Unidos, Galicia e lugares máxicos por descubrir. 

Cantaremos co público o retrouso que nos levará ó seguinte lugar transportando unha mesma melodía por xéneros musicais coma a bossa-nova, o rap, o son cubano, o reggae, o ska... Unha divertida aventura na que a música, os instrumentos e as cores son os protagonistas cos que descubriremos paisaxes sonoras distintas disfrutando e aprendendo ó mesmo tempo. 

De aquí para alá xa pasou por diversos lugares coma en festivais ou expos coma Churritines, o salón infantil de Galicia, Festival de la luz (Boimorto), Musicando no nadal (A Coruña) ou para escolares das catro provincias galegas, tamén en Palencia, Zamora e Tenerife.

Músicos