Loretta Martin

Fuxindo da pureza e dos límites estilísticos, Loretta Martin leva enriba dos palcos dende o ano 2002. Con 3 discos ás costas, o traballo de Miguel Cabana (batería), Fran Sanz (baixo) e Brais Morán (voz e guitarra) caracterízase por un son mestura de rock, funk, soul e MPB que non deixa de evolucionar, sempre na procura do ritmo e a máxima expresividade e espontaneidade.

Músicos