Pesdelán

O grupo Pesdelán xurde no 2008 da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal. Sorprendeu nas festas do Apóstolo de Santiago de Compostela no 2008 facendo participar a centos de persoas, no Festival dos Abrazos da mesma cidade, en Barcelona, Quart de Poblet (Valencia), Fundao (Portugal), Festival San Froilanciño (Lugo)... 

Pesdelán é moito máis que un grupo de música. Mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos ao público, pretende recuperar o espírito participativo das festas e integrar a todas as persoas sen importar a súa idade, condición física ou experiencia. 

Algúns datos relevantes:
• Pesdelán propón un lecer diferente ao redor do baile e para todos os públicos.
• Levan vendidas máis de 4000 copias do seu primeiro disco Na punta do pé.
• Pretenden cambiar o concepto de público espectador polo de público participante
• Disposto a recuperar a cultura participativa das festas, este curioso grupo de músicos pretende non descansar ata poñernos a todos a bailar.

No 2017 presentamos o noso segundo DVD: Entroidanzas. Unha escolma de bailes e músicas de Entroido do Mundo! 
 

Músicos