Skarnivals

Nada en 2009 baixo o nome de Skakeo; Skarnivals é una banda galega que mestura a música Ska / Punk con raíces folk e mestizas. En Decembro do 2010 publican o seu primeiro traballo (Skakeo) que trala boa acollida no público lévalles en Maio do 2012 a formares parte dun LP compilatorio internacional editado en Alemaña (Echte Übersee Records). En Outubro dese mesmo ano, Skarnivals publica o seu primeiro LP; Torsión Mundial que a principios de 2013 conséguelles una plaza no disco compilatorio Pinapromo 2013. Un disco que reúne a 15 bandas do panorama nacional baixo licencia Creative Commons. Hata día de hoxe, levan compartido esceario con bandas como Def con Dos, Barricada, Boikot, Soziedad Alkoholika ou Reincidentes así como diversos bolos pola xeografía galega e nacional.

Músicos