TREIXADURA

“Treixadura, 25 anos na música tradicional de Galicia”. 

Presentación do seu novo disco conmemorativo do 25 aniversario.

Treixadura celebra o 25 aniversario da formación coa presentación dun novo disco que resume a súa extensa carreira e aporta algunhas novidades. O título deste traballo e outras informacións referentes ao mesmo serán dados a coñecer proximamente.  

Os cantos que aínda hoxe viven nas tabernas, nos seráns, nos gaiteiros, nos coros, nas bandas de música populares; que permanecen en nós desde a noite dos tempos de man da tradición oral, os libros e a música son e serán sempre a inspiración de Treixadura.

TREIXADURA constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.

TREIXADURA é sinónimo de música tradicional, ritmos, cantigas e instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares  coma nas festas e eventos urbanos, co obxectivo de que o público goce bailando, cantando e escoitando a música dos seus 15 compoñentes que, provindo de propostas musicais variadas, teñen en común o gusto e o respecto pola música tradicional, motivo abondo para que hoxe representen e dignifiquen este proxecto. 25 anos de gravacións e concertos, 6 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas, e vida en común. 25 anos compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

O grupo Treixadura está formado por:

Toniño López: Tambor e pandeireta.

César Longa: Acordeón.

Pablo Nogueira: Gaita e percusións.

Magoia Bodega: Gaita e bombo.

Xaquín Xesteira: Gaita e percusións.

Orfeón Treixadura (10 voces):

Tenores: Alberte Raposo, Toño D. Fontenla e Delio Domínguez.

Barítonos: Antón Cabaleiro, Pablo Rei, Xurxo Raposo e Mingos Lorenzo.

Baixos: Álvaro Lamas, Gustavo Cuntín e Moncho Marín.

Treixadura foi galardoado nos primeiros Premios Galegos da Música Martín Códax entregados en decembro de 2013, como o Mellor Grupo de Música Tradicional Galega.

En 2014 recibiron a homenaxe da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística pola súa exquisitez no tratamento musical e escénico do noso folclore e o seu traballo a prol da recuperación da música tradicional galega

Concertos oficiais de estrea deste novo traballo:

19 de decembro de 2014 no Teatro do Centro Cultural Afundación de Vigo (García Barbón)

20 de decembro no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela (Preguntoiro).

CONTRATACIÓN: 986-337069 / 678578013

Músicos