Coro Cantabile

O Coro Infantil e Xuvenil Cantabile nace froito da asociación que leva o seu mesmo nome como un gran proxecto musical e social que integra nenos e mozos arredor da música clásica Nos seus xa 11 anos de existencia converteuse nun referente musical en toda Galicia grazas ao gran número de concertos e xiras tanto no panorama nacional como internacional: Viena, Salsburgo, Lisboa, Bolonia e Roma. Ademais os numerosos premios recibidos e a crítica avalan a súa traxectoria interpretativa e especialmente o seu son e técnica vocal, debidas ao seu director Pablo Carballido del Camino, tenor e mestre de canto. Cantabile gravou xa catro discos entre os que destacan a banda sonora da película De Profundis, estreada xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia ou o disco dedicado á obra vocal sacra de Vivaldi avalado polo musicólogo López Calo. Pero o seu maior reto musical ata agora foi realizar a ópera "Dido e Eneas", o proxecto con que se presentan a esta edición dos Premios. Unha montaxe realizada íntegramente polos seus propios medios, única en Galicia tanto pola súa calidade artística, escenográfica e musical como polas características dos seus participantes: nenos e mozos. Unha produción operística integramente galega. Actualmente Cantabile encóntrase inmerso nun proxecto que o levará a traballar nunha retrospectiva sobre o repertorio clasicista a través dos grandes mestres do s. XVIII: Mozart e Haydn, como xa fixo no 2007 coa obra sacra de Vivaldi, e acaba de colaborar no disco "Sacra et profana. Dualidad en la polifonía del s.XVI" http://sacraetprofana.bandcamp.com/album/sacra-et-profana Podedes coñecernos mellor na nosa web www.corocantabile.es

SOUNDCLOUD

Músicos