Fiandola

Fiandola créase na cidade de Compostela no ano 1996. Por aquel entón un grupo de músicos ligados á Universidade de Santiago de Compostela se reunen para traballar arredor da música tradicional. Desde ese momento o grupo sofre distintos cambios ata chegar á formación actual. No seu ano de formación soben a recoller o premio de gañadores do certame Xuventude’96 organizado pola Consellería de Familia Muller e Xuventude xunto cos grupos Silvardeira e Belladona. Froito deste premio inclúen dous temas no traballo discográfico compartido cos outros gañadores Xuventude’96. Ao longo destes anos a formación cambiou quedando, na actualidade, tan só dous dos seus membros fundadores. A formación actual de Fiandola traballa buscando novos camiños para o repertorio tradicional, un novo son propio e fresco. Na actualidade, seguimos a conservar Compostela e a súa comarca como centro de operacións e ensaios. Fiandola fórmano actualmente: Pili Gonzalves, Alberto Barreiro (Warren), Fran López, Santi Budiño, Manolo Cobas, Antonio Suárez e Marcos Pérez. Despois de máis de quince anos de vida Fiandola ten tocado xa nos máis importantes festivais de Galicia e mesmo xa visitamos lugares alleos como Cantabria ou Navarra e contamos con varios traballos discográficos como son Xuventude’96 ou Chill Out Celta, xunto a outras formacións; e os traballos en solitario Bricania (2005), Mimá (2011) e o recente Volta e media (2014).

Músicos