Leö KCh

Leö KCh (Leopoldo Lamela Rodríguez) é un poeta e cantante dós Camiños Chans (Brens – Cee).

Durante a súa adolescencia comeza a escribir versos, que xa nos primeiros anos van collendo temática crítica de cara a política en xeral e diversos temas sociais.

No ano 2005 comeza a grabar o que foron os seus primeiros raps, que formaron a súa  Maqueta inicial “Desde mis venas”.

Co tempo sairía a luz tamén “Libertad de expresión” e unha serie de temas soltos o longo da súa traxectoria cunha actuación na Tve1, un tema da BSO do Documental MPHMANN, o tema da campaña promocional do Campionato europeo de triatlón disputado no 2011 en Pontevedra, unha colaboración no disco da -Escolanía del Recuerdo de Madrid-, e o videoclip desde mesmo dirixido e producido polo publicista Alejandro Toledo, entre outros proxectos máis persoais.

No 2013 saca o seu primeiro traballo de estudio, “Gritos en silencio”, o cal presenta en directo por diversas partes do territorio galego, (Fisterra, Sardiñeiro, Corcubión, Cee, Camariñas, Laxe, Coruña, Ferrol, Lugo, Chantada, Ourense eVigo, volvendo por Dumbría e O Ézaro entre outros) e prestando colaboración tamén en varias galas benéficas ( Banco de alimentos de Vigo, organizado pola Asociación Berce, Gala solidaria ASPERGA 2013, Gala solidaria a favor da asociación Alba Pérez, loitando contra o cancro infantil, e I fashion & music Show a favor do banco de alimentos de Ferrol.)

Para finais de 2014 está previsto, entre outros novos proxectos, o lanzamento do segundo Disco de estudio “1PlanB”.  

Músicos