Teatro de Guiñol

Pirilampo somos un grupo de música infantil, que utiliza o privilexiado espazo da canción para desenvolver un proxecto que ten posto o seu punto de mira na educación dos máis pequenos. Para iso, ó longo dos nosos  proxectos discográficos, puxemos o foco sobre diferentes aspectos da nosa realidade: a cidade, a natureza, a educación vial, as relacións interpersonais.. Grazas á nosa dedicación á educación e ao platexamento didáctico dos noso proxectos, acadamos diversos premios coas nosas cancións, por exemplo, "Vou da Man", está na páxina nacional da DGT. 

  • Pirilampo son a marabilla. Un comando musical itinerante. Artistas ventureiros que avanzan pola noite, e enchen de melodías todo o que tocan coa súa luz.

Con estas belas palabras, Xurxo Souto preludia o noso traballo "Teatro de Guiñol", publicado por Galaxia, que homenaxea a figura de Manuel María. Neste o noso último álbum, tratamos de levar a nosa característica sonoridade e idiomática musical Pirilampeira cara a xéneros máis populares, cun resultado cheo de enerxía positiva.

  •  

 

 

Músicos