4Mal Quartet Jazz

4Mal Quartet Jazz é un grupo ourensán, máis concretamente do Carballiño, nado en 2015 como unha remodelación do dúo de jazz, tamén carballiñés, PARDEDOUS. Este último nace no ano 2009 da man de dous amigos músicos que deciden ampliar horizontes.

PARDEDOUS ten actuado dende a súa formación en diversos lugares, tanto con concertos como amenizando actos. Algúns dos lugares máis importantes nos que teñen actuado son:

-Carballiño: Eira de flores, Pub JazzMin, Café Moma, Bodegón o Pazo, Pub Tía Nona, Pub Sete Flores, Praza das Monxas (colaborando co Xociviga), Casino do Carballiño, Praza Maior, Auditorio Municipal.

-Ribadavia: Pub Aljama, Museo etnolóxico, coa asociación Por un ribeiro poético.

-Allariz: Semana Santa ao vivo (dúas ocasións), Fundación Vicente Risco (colaborando con OZOCOGz).

-Pazo da Almuzara (colaborando con OZOCOGz).

-Ourense: Tetería Grándola, café Jam Session.

-Tangaraño Cultural (dúas ocasións).

No 2013 PARDEDOUS decide unirse ao poeta carballiñés “Quico” Valeiras nun novo proxecto chamado PARDEDOUS+UN, que consistía nunha fusión de música e recitado poético. Este espectáculo foi representado en catro ocasións, e as catro con diferente temática.

No 2015 PARDEDOUS pasa a outro nivel coa incorporación dun batería e un contrabaixista, e pasan a formar 4Mal Quartet Jazz.

O repertorio de 4Mal Quartet Jazz está formado por temas propios (algúns adaptados de PARDEDOUS para cuarteto) e tamén “Standars de Jazz”.

Dende a súa formación en 2015 teñen actuado en Allariz, Ribadavia, O Carballiño, Vigo, Pontevedra, Ourense, Santiago de Compostela, etc.

No 2017, 4Mal Quartet Jazz decide abrir unha páxina de Verkami por medio de micromecenazgo (crowdfunding) para intentar sacar o seu primeiro disco, logo dos 40 días do Crowdfunding consiguen a axuda necesaria para a gravación.

En setembro de 2017 realizan a gravación do disco en Estudios A Ponte (Santiago de Compostela) e o 14 de outubro realizan o concerto de presentación do disco no Auditorio Municipal Manuel María no Carballiño, contando cun público moi numeroso, revasando as 170 persoas.

No concerto de presentación contaron con outros músicos como Anxo Blas e Roberto Sobrado para abrir o espectáculo; logo os 4Mal Quartet Jazz interpretaron temas do seu disco "Perspectivas", e para elo contaron coa colaboración de Sandi Pedraza na percusión en todos os temas, de Marcos Marra no trombón en dous temas e de Aldara González Calviño na frauta nun tema.

Despois da presentación do disco comezaron unha pequena xira por diversas localidades galegas como O Carballiño, Santiago de Compostela, Ourense, Verín, Allariz, Pontevedra, etc.

En canto ao disco publicado está formado por 8 temas e 2 bonus track. Dos 8 temas 7 son composicións propias e un unha pequena homenaxe ao gran Frank Zappa; en canto aos 2 bonus track son 2 temas interpretados coa formación anterior, PARDEDOUS+UN, e gravados e mesturados por Alexandre Cabanelas (saxofonista do grupo). O deseño e a maquetación foi da man de OZOCOgz e impresión a cargo de Imgrafor.

Para escoitar o disco podes acceder a este enlace de Spotify: https://open.spotify.com/album/0byxwLuNZOurg11jdSvU9H?si=EQwxR85bQz6fl4H4n21kzA

4Mal Quartet Jazz está formado por:

                -Alexandre Cabanelas – Saxofonista

                -Ángel Alfonso Gulías – Pianista

                -Alberto Rodríguez “Roni” – Contrabaixista

                -Alex González - Batería

Músicos