Tango en Xan3iro

       Catro fontes de harmonía que conflúen casi por casualidade no Berce do Miño dan lugar a Tango en Xan3iro, a finais do ano 2015.
       Unha zanfona, un clarinete baixo e un acordeón con raiolas de gaita e voz, dan a súa particular lectura de melodías tradicionais facéndoas propias, e interpretan melodías propias achegándoas ao tradicional.

       Tango en Xan3iro está formado por: Marisa Dapereira no acordeón, Patricia Coucheiro na voz, Xosé Ramón Saborido no clarinete baixo e Bruno Villamor na zanfona, gaita e requinta. Ten publicado un cd de presentación que se chama Meu Pitiño.

Músicos