Xosé Constenla

XOSÉ CONSTENLA presenta Virada por Avante. Trátase do seu cuarto disco despois de Quen fixo berrar ao silencio (2005), Olladas dun entusiasta (2008) e Sinecismo-Xosé Constenla ao vivo (2013). Tras gravar en directo -cunha banda de excepción- dende o Salón Teatro de Compostela o seu anterior, Virada por Avante supón o seu terceiro traballo de estudo.

Para levalo a cabo, contou co traballo e a experiencia do productor e arranxista Fredi Marugán, quen posúe unha ampla traxectoria traballando con artistas como Ismael Serrano, Serrat, Luz Casal, Miguel Ríos, Ana Belén e Victor Manuel entre moitos outros (www.fredimarugan.com). Ademais,colaboraron profesionais e artistas como Javier Bergia (voces) e Oscar Herrador, enxeñeiro de son, encargado da masterización do disco nos StateroomStudios

En Virada por Avante atopamos claras influencias do folk-rock americano, de James Taylor a Ray Lamontage, xunto coa corrente iberoamericana de canción de autor, como sinal de identidade deste músico compostelano. Sen dúbida, trátase do álbum máis maduro, persoal e sofisticado de Xosé Constenla; unha producción que non deixará indiferente a ninguén e que incorpora arranxos musicais nada frecuentes no panorama da canción galega.

PRÓXIMAS DATAS:

- 26 febreiro - Casa das Crechas (Compostela)

- 27 febreiro - El Cercano (Ourense)

- 12 marzo - Salón Teatro (Compostela) PRESENTACIÓN OFICIAL

-19 maio - Baba Bar (A Coruña)

SOUNDCLOUD

Músicos