Mielitza

Mielitza é máis que un proxecto musical.

As súas notas, os seus acordes, as súas letras, en definitiva, as súas cancións, poden chegar a ser grandes como planetas formando unha galaxia ou pequenas como átomos formando unha molécula. Apoiada nas composicións, voz e guitarra de Carla López, e secundada por Bruno Couceiro (batería), Pablo Sanmamed (baixo) e Iago Mouriño (teclados), esta proposta pretende percorrer a viaxe que arranca dende esa minúscula infinidade a aquela grande inmensidade, describindo tanto os extremos como as paradas intermedias dun universo emocional único, poderoso nuns momentos, recollido noutros, mais sempre fluíndo cara adiante igual que vai o río abaixo en dirección ao océano.

BANDCAMP

SOUNDCLOUD

Músicos