THE ROCK BAND SHOW

Encontro entre tradición e modernidade Este proxecto nace co firme propósito de unificar dous mundos: o da tradición, representado polas bandas municipais galegas e o da fusión na que se envolve actualmente a música moderna (soul, pop-rock, funk, etc). De realizar un encontro entre dúas culturas musicais, a tradicional e a moderna, moitas veces enfrontadas, a través da unión de dúas formacións ben diferentes: a banda municipal e a banda de música moderna. Nesta iniciativa participan asimesmo músicos de gran renome dentro do panorama musical galego como Carmen Rey, Miguel Cabana, Carlos Calviño, Octavio Vargas e Adrián Saavedra, destacando este ultimo por ser o autor da totalidade de composicións do proxecto.

Músicos