A requinta da Laxeira

A Requinta da Laxeira somos un grupo de música tradicional dedicado á recuperación
da requinta, un instrumento característico da zona da Ulla.

Parte do noso repertorio componse de “música de requinta” (recollida ós vellos requinteiros); tamén engadimos outras pezas adaptadas ó máis puro estilo 'laxeiro', onde incorporamos voces.

Temos dous discos gravados, o primeiro disco, 'Vai de baranda'
é froito dunha gravación realizada en directo nos Estudios Mans da Coruña o 21 de decembro de 2009 no marco do programa Outra+outra. Componse de 11 pezas. O segundo disco, 'Maise'
Son 14 cancións aderezadas co máis puro estilo laxeiro, gravadas e mesturadas no estudio Phonos (A Estrada)

 

Os concertos tratámolos de encher de festa, onde pasalo ben, cantar, bailar…sorrir,
son a escusa principal destes eventos.

Músicos