Alto Asalto

Alto Asalto toma pulo dende o máis fondo e lúgubre Hades compostelán.  Berran contra as elites e tinxen de rimas escuras as cancións bélicas que loitan contra as inxustizas e contan as vidas de quenes non o tiveron nada doado. Así MouDaFaKa e Riajos GatoPersa, coas mesturas, rañadas e picadas de pratos de Mestre Pi e a produción de  Mourone (Dios ke te Crew),  creador das atmosferas musicais, que axudan a debuxar a alma de Alto Asalto e fan de nexo ca criatura social que queren amosar en “Soños e Quimeras”,  xúntanse para obralo milagro. Todos coñecen de primeira man as trampas do mundo laboral e da política que asolagan Galiza, saen da cova para cazar o espírito primixenio do rap e vomitalo coas súas voces, a de ultratumba de MouDaFaka e a aterciopelada de Riajos GatoPersa, e mostrarlle ao mundo que a música segue a ser o xeito máis directo de chegar ao subconsciente da xente para erguelo contra as infamias.


O novo disco de Alto Asalto "Soños e quimeras" é, ademais da creación dun novo mito, a representación cultural dunha loita que traen do inferno para deleitar a quen busca cancións para saír dunha realidade anestesiada e verse inmersos nunha guerra dialéctica que dará que falar. Rap galego e en galego para levar a terriña, e os seus conflitos, fóra dos límites e das fronteiras que só os necios parecen respectar. 

María von Touceda

BANDCAMP

Músicos