Os Instrumentos Máxicos

 

Traxectoria:

Pulpiño Viascón é un músico multiinstrumentista, bateria, acordeón, serrucho musical, bajo, Zendrum, Gaita midi, Gameboy chiptune, e voz, batería de Os Diplomáticos de Monte Alto, foi membro fundador de grupos como Os Verjalludos, Escupe Escapa, Irmáns Bochechiñas, Galegoz ,Bonovo,Teck pileck (Frankfurt) ou O Jarbanzo Negro

Ademais, durante este tempo desenvolveu a súa faceta de clown en diferentes circos (Barcelona, Suíza...).

 

Actuou en diferentes shows cos músicos Manu Chao, Tonino Carotone, Macaco, Muchachito, Carlos Nuñez, Mastretta,Pablo Novoa, Josele Santiago, Susana Seivane, Uxia Senlle, Siniestro Total, Mercedes Peón, Xoel, Ivan Ferreiro, Silvia Penide, Santiago Auserón,Subrosa, e o escritor Manuel Rivas, compuxo o tema "In the Ocean", ao que pon voz e toca o serrón musical, que pecha o álbum de Bonovo e que gañou no 2006 a primeira edición do concurso A polo ghit.

 

PULPIÑO VIASCÓN E OS INSTRUMENTOS MÁXICOS  "unha nova proposta para o 2017-2018"

Atención, chega a revolución musical !!!

O home orquestra presenta un novidoso espectáculo musical no que emprega unha serie de insólitos instrumentos que nos deixarán coa boca aberta a tod@s.

Unha proposta didáctica de 45 minutos( adáptase según os horarios ) pensada para todas as idades , mostrando as novas e diferentes maneiras de crear música acústica ou electrónica.

Un concerto interactivo que xera unha atmósfera máxica, envolta coas sonoridades musicais dos instrumentos máis inverosímiles.

Entre eles:

O SERRUCHO MÁXICO !! que a parte de serrar a madeira pode facer música coa voz grabada dunha serea Rusa.

O ZENDRUM!! instrumento electrónico midi que reproduce sons reais de guitarras, pianos, baterías...

A GAMEBOY!! xoguete transformado en instrumento musical. Crea e reproduce muiñeiras, vals e pasodobres tradicionais galegos. Tradición e modernidade a través do xogo.

O AERODRUMS!! a única batería invisible no mundo que se toca no aire. Unha ilusión ópica ou unha realidade? Hai que vivila ;)

O ACORDEÓN ESPELLO!! un dous poucos acordeóns diatónicos tocados ao revés e gatillado con xeito.

A GAITA MIDI!! unha gaita electrónica “made in galiza” para conquistar o mundo enteiro.

Benvid@s ao meu pequeno mundo imaxinario, se vos presta acompañarme as portas están abertas, non hai máis que petar no puxigo e deixarse levar!!!

Músicos