7Lvvas

A música de 7Lvvas
Clásicos do rock en galego e adaptados á realidade galega. Esta é a proposta de A música de 7Lvvas, unha viaxe polo universo de grandes como Bob Dylan, Bruce Springsteen, Leonard Cohen ou Van Morrison cantado na nosa lingua e á nosa cultura, historia e tradición.
Manuel M. Reino, membro fundador de 7Lvvas, retoma o repertorio desta mítica banda galega dos 90 e sube ao escenario acompañado da súa guitarra acústica e das súas harmónicas para falarnos de capitáns á deriva, contos de taberna, mozos a tombos polos calexóns ou solitarios petando ás portas do ceo.

 

SOUNDCLOUD

Músicos