Sleeping cat

Sleeping Cat nace oficialmente o 1 de maio de 2010. É un proxecto que se leva fraguando na cabeza de Jerry Noia moito tempo, cun son de claro corte folk americano, pero no que hai claras referencias británicas polo que se podería dicir que a súa música bebe de fontes a ambas as dúas beiras do gran charco con grupos como The Beatles, The Birds, Simon & Garfunkel ou os mesmísimos Fleetwood Mac como referentes máis destacables.
Tras presentar o seu primeiro traballo, un EP titulado “The First” (2010), en 2013 volve con forza da man do produtor Juan de Dios Martín (Xoel López, Barón Rojo, Amaral, Deluxe) co EP “In the Forest” (CasaDiós. 2013) disposto a facerse un oco no panorama musical.
Logo de dous anos de concertos por Galicia e saídas a Madrid y Barcelona, 2016 preséntase como o ano no que Sleeping Cat decide facer varios cambios; o máis destacable é a edición single a single no que cada canción edítase en galego e castelán, deixando temporalmente o inglés como lingua habitual.
En 2016 arrancou unha xira que o levou polas localidades de Vilagarcía de Arousa, Madrid, Barcelona, Vilar de Santos e Caldas de Reis, entre outras.
O seu single leva por título “Dispara” e saiu á luz o 20 de maio en edición dixital.

BANDCAMP

SOUNDCLOUD

Músicos