BSO VOLVER ALLÍ

Composición da B.s.o da curtametraxe "Volver Allí", de Lucía Estévez.

O que o autor da composición (Davide González) pretendeu ao crear ditas pezas foi, dotar de musicalidade á atmosfera xeral da curta e explorar así o traballo da música de autor no plano audiovisual. Hai un interese do autor sobre o estudo de como poden chegar a convivir a imaxe coas tensións dramáticas e coas tensións xeradas a partir de xogos rítmico-musicais (emprego de compases simples e compostos neste caso), e non esquecendo a existencia dunha liña melódica "temática" ( Leimotiv) que servise de coherencia interna para situar aos personaxes da ficción,  neste caso, o universo de cor azul xerado pola directora en "Volver Allí".

Os temas que aquí se presentan foron compostos expresamente para dita curtametraxe.

------------------------------

Davide González. Compositor, músico, actor e director de escena.

Nado en Mos no 1991, é licenciado en Interpretación Xestual pola ESAD de Galicia. Estuda un ano de dirección escénica e dramaturxia na mesma escola, e ten tamén o grao profesional en saxofón polo Conservatorio de Música Profesional Víctor Ureña de Redondela.

Como compositor, comeza compoñendo parte da banda sonora de Vento Ferido, proxecto da Uvigo, e posteriormente, compón e executa as bandas sonoras da curtametraxe Como escribir en el agua escrita e dirixida por Andrés Seara, e parte da b.s.o da curtametraxe Nada Peor, de Sara Fernández.

Asemade, toma contacto con Lucia Estévez -creadora e directora audiovisual- e compón o tema musical do vídeo-danza Change that tune¸ da videocreación Naufragio e posteriormente da curtametraxe Volver Allí; peza seleccionada dentro do catálogo “Shorts from Galicia 2017”.

Actualmente, traballa na composición da banda sonora de Sendeiro, da mesma creadora e directora.

 

Músicos