PARDEDOUS

Pardedous é un dúo de Jazz nado no Carballiño. Está formado polo pianista Ángel Alfonso Gulías López e polo saxofonista Alexandre Cabanelas Forneiro. Teñen dado concerto por diversas vilas e cidades galegas como Allariz, O Carballiño, Ribadavia ou Ourense. Recentemente veñen de participar por segundo ano na Semana Santa ao Vivo de Allariz, no 3º Tangaraño Cultural de Sobradelo. Contan tamén cun espectáculo chamado PARDEDOUS + UN no que xuntan a súa música cos poemas de Quico Valeiras. Tamén cabe destacar actuacións no Jam Session (Ourense), Bar Grándola (Ourense), Museo Etnolóxico de Ribadavia, Pub Jazzmin (O Carballiño), Fundación Vicente Risco (Allariz), evento de poesía Ribeiro Poético (Ribadavia). 

SOUNDCLOUD

Músicos